CT302B - Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago.
PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN
O establecemento das bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais polas que discorren os diferentes camiños de Santiago e se convocan para ano 2024 e teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.gal
QUEN PODE SOLICITALA?
Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos cales discorren os diferentes Camiños de Santiago, recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural, e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles en que se ditou acordo de inicio para súa tramitación.
QUE PRAZO HAI PARA FACELO?
PECHADO
20/02/2024 - 19/03/2024
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
As subvencións
máis actuais