Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  22/02/2024 - 21/03/2024
Consellería do Medio Rural

MR711D - Proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Establecer as bases reguladoras das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco da Intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario 2024.

Consellería
Consellería do Medio Rural
Órgano responsable
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Lugar da Barcia, nº 56 - Laraño

15897  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547369

Email: subdireccion-planificacion.agader@xunta.gal

https://agader.xunta.gal

De manera presencial, con cita previa en el teléfono 981547369.

Código do procedemento
MR711D
Normativa
Ámbito Autonómico

QUEN PODE SOLICITALA?

Concellos de Galicia.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

22/02/2024 - 21/03/2024

O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

As subvencións
máis actuais

24/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública
16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria