TR356C - Axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras.
Programa II: Axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.
PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN
Esta axuda está destinada a financiar:
1º. Ás entidades promotoras de empresas de inserción, os custos que comporta o proceso de creación de empresas de inserción e contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
2º. Ás empresas de inserción:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545701/ 981544682
Email: integracion.laboral.emprego@xunta.gal
https://emproeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
QUEN PODE SOLICITALA?
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.
QUE PRAZO HAI PARA FACELO?
ABERTO
16/02/2024 - 30/09/2024
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2024.
2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da consellería.
As subvencións
máis actuais