Convocatoria 2024en plazoEn prazo:  16/01/2024 - 29/11/2024
Consellería de Economía e Industria

IG408B - Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Publicar as bases reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial en Galicia, e convocar os ditos préstamos para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva.

Consellería
Consellería de Economía e Industria
Órgano responsable
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica – Igape

San Lázaro. Complexo Administrativo

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151/ 981541147

Email: informa@igape.es

Código do procedemento
IG408B

QUEN PODE SOLICITALA?

Empresas.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

16/01/2024 - 29/11/2024

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

b) O 29 de novembro de 2024, ás 14.00 horas.