Convocatoria 2024en plazoEn prazo:  21/03/2024 - 31/10/2024
Consellería de Economía e Industria

IG422B - Axudas FOEXGA, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas.

O obxectivo principal do Plan de Misións Comerciais das pemes é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. 

As actuacións que engloban están dirixidas a:

a) Aumentar a base de empresas exportadoras.

b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.

d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

Consellería
Consellería de Economía e Industria
Órgano responsable
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica – Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Código do procedemento
IG422B

QUEN PODE SOLICITALA?

Empresas.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

21/03/2024 - 31/10/2024

O prazo de presentación de solicitudes de axuda (código de procedemento IG422B) iniciarase o día seguinte hábil ao da finalización do prazo de adhesión das entidades colaboradoras, contado desde as 8.00 horas do día do inicio do prazo, e finalizará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito. Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de execución de cada actuación iniciarase na data de solicitude e rematará no prazo dun mes a partir do día seguinte ao de finalización de cada actuación, prazo en que se deberá presentar a solicitude de cobramento.

Este prazo non poderá exceder do 30 de novembro de 2024, para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data, e do 31 de marzo de 2025, para solicitudes con accións que se realicen ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. As accións realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025.