Convocatoria 2024en plazoEn prazo:  23/01/2024 - 30/09/2024
Consellería de Economía e Industria

IG535A - Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes).

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I.

E  convocan para o ano 2024 a Liña de préstamos para o crecemento das pemes-Reavais Crecemento e da Liña de garantías vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos-Reavais Garantías, en réxime de concorrencia non competitiva.

Consellería
Consellería de Economía e Industria
Órgano responsable
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica – Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Código do procedemento
IG535A
Normativa
Ámbito Autonómico

QUEN PODE SOLICITALA?

As pequenas e medianas empresas.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

23/01/2024 - 30/09/2024

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do día 30 de setembro de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.