Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  16/05/2024 - 01/07/2024
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CT221A - Subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras y editoras nas actividades realizadas no sector do libro.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Concesión de subvencións a persoas físicas ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras e que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega facilitando a súa participación en actividades do dito sector que se celebren no ano 2024.

Consellería
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Órgano responsable
Dirección Xeral de Cultura
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo do Libro e Publicacións

Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544810/ 981545804

Email: servizo-libro-publicacions.cultura@xunta.gal

https://www.cultura.gal

Código do procedemento
CT221A

QUEN PODE SOLICITALA?

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas físicas, sexan autónomos ou non, ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que cumpran, ademais, todos os seguintes requisitos debidamente acreditados:

a) Terse inscrito, asistido ou participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria.

b) Acreditaren o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

c) Ter publicado obra en Galicia, polo menos unha obra, como persoa escritora, ilustradora, tradutora ou editora, para a cal se solicita a subvención, nos cinco anos anteriores á publicación da presente orde.

2. Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As persoas xurídicas deben acreditar a condición de editoras ou tradutoras de acordo co establecido nesta orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2024, na epígrafe 476.1 edición de libros ou 774 tradutores e intérpretes do imposto de actividades económicas, de acordo co establecido na presente orde.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

16/05/2024 - 01/07/2024

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de xullo de 2024 (incluído).

As subvencións
máis actuais

24/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública
16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria