Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  15/05/2024 - 14/06/2024
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CT302F - Subvencións a Festivais de Música.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2024.

Consellería
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Órgano responsable
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Email: agadic@xunta.gal

https://industriasculturais.xunta.gal

Código do procedemento
CT302F

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cuxo obxecto social lles permita a organización de actividades escénico-musicais.

Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as asociacións en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda.

Porén, non poderán ser persoas beneficiarias fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

15/05/2024 - 14/06/2024

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As subvencións
máis actuais

24/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública
16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria