Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  20/06/2024 - 19/07/2024
Consellería do Medio Rural

MR351A - Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamento agrarios en réximen asociativo en Galicia.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

A concesión de axudas para promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos e racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Consellería
Consellería do Medio Rural
Órgano responsable
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

San Caetano, s/n

15008  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997215/ 981540053

Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal

Código do procedemento
MR351A

QUEN PODE SOLICITALA?

Unicamente poderán ser beneficiarios da axuda regulada nesta orde:

a) As cooperativas agrarias.

b) Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).

c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.

d) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións agrarias, nos últimos 5 anos naturais. En adiante, SAT de fusión.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

20/06/2024 - 19/07/2024

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

As subvencións
máis actuais

16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria