Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024en plazoEn prazo:  20/06/2024 - 19/07/2024
Consellería do Medio Rural

MR406B - Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, en réxime de concorrencia competitiva de acordo co artigo 22.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como cos principios de eficacia e eficiencia, e convocalas para o ano 2024.

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica:

1. Que sexan titulares ou propietarias de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, incluídas as especies cinexéticas, autorizados e rexistrados polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se comprometan a melloralos.

2. Ou que se comprometan a construír un novo centro de limpeza e desinfección.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

20/06/2024 - 19/07/2024

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

As subvencións
máis actuais

16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria