Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  16/05/2024 - 17/06/2024
Consellería do Mar

PE406A - Axudas autonómicas para a paralización temporal das embarcacións afectadas-persoas armadoras.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Regular a convocatoria para o ano 2024, das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas armadoras de embarcacións afectadas pola paralización temporal da actividade marisqueira nos bancos marisqueiros sublitoriais de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío e dos do Plan de xestión de moluscos bivalvos, dende embarcación en zonas de autorización aprobado á confraría de pescadores de Noia e do Plan de xestión específico conxunto de moluscos bivalvos dende embarcación en zonas de libre marisqueo das confrarías de pescadores Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín.

Consellería
Consellería do Mar
Órgano responsable
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota

Praza de Europa, 5A-4º

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546296

Email: frota.mar@xunta.gal

Código do procedemento
PE406A
Normativa
Ámbito Autonómico

QUEN PODE SOLICITALA?

1. De acordo co disposto no artigo 21.5 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade de marisqueo desde embarcación nos bancos marisqueiros sublitorais definidos no artigo 1 as persoas que teñan a condición de:

- Armadoras das embarcacións que estean rexistradas como activas no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e que levasen a cabo actividade cando menos 120 días durante os anos 2022 e 2023.

2. As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:

a) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Non ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

e) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no punto 1, letras a), b) do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:

– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 del Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.

– No marco do FEMP ou FEMPA, ter sido declarado culpable de cometer fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371.

f) Non estar, nin ter estado involucrado nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40, punto 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; nin estar, nin ter estado involucrado nos últimos 12 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro que enarbore o pavillón de países incluídos na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento.

g) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar cumprir, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de beneficiario. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válido para os efectos do cumprimento deste punto, coa condición de que o seu custo corra a cargo do cliente e se realice sen posibilidade de recurso ao provedor no caso de falta de pagamento.

A documentación acreditativa do nivel de cumprimento dos prazos legais de pagamento presentarase xunto coa solicitude da axuda. Con todo, se a certificación de auditor ou o informe de procedementos acordados non se puidese obter antes da terminación do prazo establecido para a súa presentación, achegarase xustificante de solicitar o devandito medio de acreditación e unha vez obtido presentarase inmediatamente e, en todo caso, antes da resolución de concesión.

A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:

i) As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto ii) seguinte e con suxeición á súa regulación.

ii) As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

1º. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.

Os informes de procedementos acordados ou as certificacións deberán realizarse segundo o establecido no artigo 215 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Para os efectos da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

3. Os 120 días mínimos exixidos no punto 1 deste artigo deberán terse realizado nas seguintes modalidades:

Cando menos o tempo correspondente ao 20 por 100 deste período de actividade deberá terse realizado na modalidade de libre marisqueo e/ou marisqueo da zona correspondente e o período restante pode terse realizado a outras artes autorizadas no permiso de explotación, durante os anos 2022 e 2023. Os días de actividade extractiva verificaranse mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.

4. A axuda por paralización temporal poderá concederse por unha duración máxima de doce meses por embarcación e tripulante, durante o marco de programación do FEMPA 2021-2027. Neste caso, a axuda darase polo período máximo de parada subvencionable que figura no artigo 11 desta orde.

5. Se durante o período de veda temporal unha embarcación é substituída por outra de nova construción, a embarcación substituta participará de todos os dereitos da anterior, para os efectos da concesión da axuda por paralización temporal.

Se durante o período de cómputo de días de actividade unha embarcación é achegada para unha de nova construción, aos días de actividade da embarcación de nova construción sumaránselle os da embarcación achegada.

6. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de que as persoas solicitantes sexan unha pluralidade de persoas sen personalidade xurídica, cada un/unha dos/das solicitantes deberán cumprir este requisito.

7. Coa solicitude acompañarase unha declaración responsable por parte do solicitante, representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2, letras a) ata g), do artigo 4 desta orde.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

16/05/2024 - 17/06/2024

Para esta convocatoria o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

As subvencións
máis actuais

19/06/2024 - 18/07/2024
Consellería do Mar
14/06/2024 - 15/07/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública