Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  08/05/2024 - 07/06/2024
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

PL400B - Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Establecer axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios, segundo establece a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.

Consellería
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Órgano responsable
Secretaría Xeral da Lingua
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística

Servizo de Xestión e Promoción Lingüística

Rúa de San Roque, nº 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996325/ 881996331

Fax: 881996306

Email: sxpl.subvencions@xunta.gal

Código do procedemento
PL400B

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán solicitar estas subvencións as empresas mercantís do sector editorial que elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta orde, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nestas bases. Ademais, non deberán estar incursas en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin incumprir os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

08/05/2024 - 07/06/2024

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

As subvencións
máis actuais

19/06/2024 - 18/07/2024
Consellería do Mar
14/06/2024 - 15/07/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública