Inicio
Public grants
Detalle procedemento
Convocatoria 2024en plazoDeadline:  17/02/2024 - 04/11/2024
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CT404D - Subvencións para a Comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializado e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia.

WHAT IS THE SUBSIDY/GRANT FOR?

Determinar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia e se convocan para o ano 2024.

Regional Ministry
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Responsible body
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Where to apply

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais

Departamento de Política Audiovisual

Cidade da Cultura - Monte Gaiás

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Telephone number: 881996077/ 881996078

Email: industriasculturais@xunta.gal

http://agadic.gal

Procedure code
CT404D

WHO CAN APPLY?

Poderán ser persoas beneficiarias as seguintes:

1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados.

As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora audiovisual ou de videoxogos, e/ou distribuidora audiovisual, que desenvolvan a súa actividade no campo audiovisual ou de videoxogos galego baixo as epígrafes 961.1, 962.1 do IAE, e 582.1, 620 da CNAE, participen nalgún dos foros de negocio especializados que se relacionan na base seguinte e poidan acreditar ter realizado o rexistro oficial no mesmo.

2. Modalidade B. Participación en eventos de cine.

2.1. As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE, poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra e participen nalgún dos eventos de cine, fóra de Galicia, que se relacionan na base seguinte.

2.2. As persoas físicas que figuren como director ou directora da obra, cando o obxecto da subvención sexa a participación do filme nalgún evento de cine dos indicados na base seguinte sempre que se poida acreditar a selección oficial nel.

WHAT IS THE DEADLINE?

Application deadline

ABERTO

17/02/2024 - 04/11/2024

O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, permanecendo aberto ata o esgotamento do crédito e ata o 1 de novembro de 2024 e deberase presentar unha solicitude para cada evento. Cando o último día do prazo sexa inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte de conformidade co disposto no artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Latest
grants

24/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública
16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria