Webinario | Sesión informativa: 3ª edición da Business Factory ClimaTech

December 16, 2025

O martes, 16 de decembro, ás 13:00 horas, celebraremos unha sesión en liña para que poidas coñecer de primeira man todos os detalles da convocatoria da 3ª edición da Business Factory ClimaTech.

BFClimaTech é un programa deseñado para reducir os tempos de desenvolvemento e aumentar as probabilidades de éxito de proxectos emprendedores innovadores que acheguen novas propostas no sector ambiental e nos ámbitos vinculados a el.

Programa da sesión

13:00 horas – Benvida da Oficina Económica de Galicia
13:05 horas – Presentación da convocatoria da 3ª edición

  • Josefa de León, presidenta de Viratec
  • Alba Valdés, representante da secretaría técnica da aceleradora
  • Verónica Menéndez, do proyecto Agrolinera e participante nunha das edicións anteriores

13:30 horas – Quenda de preguntas