icon_servizos_sociais

Centros de servizos sociais

closeup-group-people-holding-hands-psychotherapy-session

Este catálogo está destinado a recoller os procedementos necesarios para a posta en marcha de centros de servizos sociais en Galicia.

Terán a consideración de centros de servizos sociais todos aqueles equipamentos regulamentariamente tipificados nos que se desenvolvan dun xeito estable e continuado servizos, programas e actividades de servizos sociais nas distintas áreas sociais. Estas áreas de actuación no eido dos servicios sociais determinan a tipoloxía dos centros, que poden ser:

  • Centros para persoas maiores
  • Centros para persoas con discapacidade
  • Centros de atención á infancia
  • Centros de menores
  • Centros destinados ás familias
  • Centros destinados a vítimas de violencia de xénero
  • Centros de inclusión

Trámites

A prestación de servizos sociais en Galicia é unha actividade regulada suxeita a un réxime de rexistro e autorización previa, tal e como se desprende do artigo 68.1 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, logo do cumprimento das obrigas e requisitos impostos pola normativa vixente. Realizados estes trámites, poderase exercer a actividade, o cal non exime do cumprimento doutros aspectos relacionados co marco normativo e sectorial de referencia.

Referencias Normativas

Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais.
Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.