CT404D - Subvencións para a Comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializado e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia.
PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN
Determinar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia e se convocan para o ano 2024.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais
Departamento de Política Audiovisual
Cidade da Cultura - Monte Gaiás
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Email: industriasculturais@xunta.gal
QUEN PODE SOLICITALA?
Poderán ser persoas beneficiarias as seguintes:
1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados.
As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora audiovisual ou de videoxogos, e/ou distribuidora audiovisual, que desenvolvan a súa actividade no campo audiovisual ou de videoxogos galego baixo as epígrafes 961.1, 962.1 do IAE, e 582.1, 620 da CNAE, participen nalgún dos foros de negocio especializados que se relacionan na base seguinte e poidan acreditar ter realizado o rexistro oficial no mesmo.
2. Modalidade B. Participación en eventos de cine.
2.1. As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE, poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra e participen nalgún dos eventos de cine, fóra de Galicia, que se relacionan na base seguinte.
2.2. As persoas físicas que figuren como director ou directora da obra, cando o obxecto da subvención sexa a participación do filme nalgún evento de cine dos indicados na base seguinte sempre que se poida acreditar a selección oficial nel.
QUE PRAZO HAI PARA FACELO?
ABERTO
17/02/2024 - 04/11/2024
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, permanecendo aberto ata o esgotamento do crédito e ata o 1 de novembro de 2024 e deberase presentar unha solicitude para cada evento. Cando o último día do prazo sexa inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte de conformidade co disposto no artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
As subvencións
máis actuais