Accesibilidade
Accesibilidade
Declaración de accesibilidade
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade afecta ao sitio web Oficina Galicia Empresa.
Situación do cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e da falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:- falta de conformidade co RD 1112/2018:
- Poden existir problemas para percibir algúns elementos do sitio afectando aos requisitos 9.1.1.1 Contido non textual, 9.1.3.1 Información e relacións, 9.1.4.3 Contraste (mínimo) e 9.1.4.11 Contraste non textual de UNE-EN 301 549:2019.
- Pódense experimentar problemas no acceso ás funcionalidades dos elementos do sitio afectando aos requisitos 9.2.1.1 Teclado, 9.2.4.6 Encabezados e etiquetas e 9.2.4.7 Visibilidade do foco de UNE-EN 301 549:2019.
- Pode non estar dispoñible algunha información relativa a elementos do sitio que afecte a comprender como usar estes elementos ou a información que proporcionan afectando ao requisito 9.3.1.2 Idioma das partes de UNE-EN 301 549:2019.
- Algúns navegadores ou produtos de apoio poden experimentar problemas para interpretar algúns elementos deste sitio afectando ao requisito 9.4.1.1 Procesamento de UNE-EN 301 549:2019.
- carga desproporcionada: non procede.
- o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non procede.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
Esta declaración foi preparada o 01/10/2020. O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Última revisión da declaración: 20/05/2021.Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial. As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.Procedemento de aplicación
O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.Contido opcional
Data de última revisión
A última revisión de accesibilidade foi realizada o 01/09/2024.Ligazóns relacionadas
- Pautas de accesibilidade para o contido web versión 2.1 – Recomendación do W3C publicada o 5 de xuño de 2018
- Guía rápida sobre como cumprir coas pautas de accesibilidade para o contido web versión 2 – Publicación do W3C
- Iniciativa de accesibilidade do W3C
- Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público
- Estratexia da accesibilidade – Portal da Administración electrónica
- Norma UNE-EN 301 549:2019, coa versión 2.1.2 da Norma EN 301 549:2018, dos “Requisitos de accesibilidade para produtos e servizos TIC”
- Atención á cidadanía