Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  23/02/2024 - 22/03/2024

TR353A - Subvención a obradoiros duais de emprego.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

O establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación, práctica profesional e, no caso dos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes, para incentivos á contratación temporal en empresas, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.

Consellería
Órgano responsable
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Avenida Salvador de Madariaga, nº 9-1º

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881597/ 881881579

Email: obradoirosdeemprego.traballo.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294257/ 982294905

Email: obradoiros.emprego.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Avda da Habana, nº 79

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386820/ 988386827

Email: obradoiros.emprego.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817022/ 986817033

Email: escolas.obradoiro.ctr.vi@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia

Edificio Administrativo San Lázaro

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547225/ 981957724

Email: obradoiro.emprego.santiago@xunta.gal

Código do procedemento
TR353A

QUEN PODE SOLICITALA?

Persoas beneficiarias participantes.

1. Poderán ser persoas beneficiarias participantes neste programa aquelas que, estando desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, teñan unha idade igual ou superior aos dezaoito anos.

2. Para poder participar neste programa é imprescindible cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato de formación en alternancia, co obxecto de estar vinculada mediante un contrato de tales características ao obradoiro dual de emprego, durante toda a duración da etapa de formación en alternancia, de acordo co previsto no artigo 11.2 e na disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, modificado polo Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.

3. Se a formación para impartir no proxecto vai dirixida á obtención de certificados profesionais de nivel de cualificación 2 ou 3, será necesario que o perfil do alumnado se axuste aos requisitos de acceso sinalados na normativa vixente en materia de cerficados profesionais.

4. No caso de que a persoa candidata participase con anterioridade noutro obradoiro de emprego, con independencia de que o rematase con resultado de apto ou non, non poderá optar á selección para recibir formación no mesmo certificado profesional ou noutro da mesma familia excepto que o certificado a cursar sexa de nivel superior.

Beneficiarias da subvención: entidades promotoras.

1. Os proxectos de obradoiros duais de emprego poden ser promovidos polos concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións.

Poderán concorrer agrupacións de concellos, sempre que todos eles pertenzan á mesma provincia, nos seguintes casos:

• Concellos limítrofes que conformen unha área xeograficamente continua.

• Concellos que pertenzan todos eles á mesma comarca, aínda que non sexan limítrofes entre si.

• Agrupacións de concellos que reúnan os requisitos do punto anterior aos que se poden unir outros concellos que non pertencendo á mesma comarca, limiten xeograficamente con algún dos concellos da agrupación que si pertencen a ela.

2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2023 superior a 500 persoas no ámbito territorial do proxecto, entendendo como tal o territorio do concello solicitante ou, se é o caso, a suma dos territorios dos concellos que concorran agrupados. No caso de solicitudes por parte dun concello que, segundo os últimos datos oficiais dispoñibles á data de publicación da convocatoria, teña un número igual ou inferior a 2.000 habitantes, a media de paro no ano 2023 deberá ser superior a 200 persoas. Aplicarase esta mesma media de paro mínima se se trata dunha agrupación de dous concellos na que ambos reúnan esa característica.

Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe cando menos a tres concellos da mesma provincia, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.

3. As entidades promotoras non poderán presentar máis dunha solicitude; en caso contrario, só se terá en conta a primeira solicitude realizada.

Cada concello ou entidade pública vinculada a este poderá participar unicamente nun proxecto, computando igualmente para estes efectos que sexa individual, colectivo, en condición de promotor ou como parte dunha agrupación. A participación dun concello ou entidade nun proxecto exclúe a posibilidade de participar noutro proxecto sendo unicamente compatible coa presentación de solicitude polas mancomunidades. Para a comprobación deste requisito acompañarase con cada solicitude de subvención unha declaración individual de cada un dos concellos implicados na que conste que con cargo á orde de convocatoria vixente só participa nese proxecto concreto, sexa como entidade promotora ou como asociada (anexo VI). Se aínda así se dese o caso de que un concello ou entidade vinculada concorrese en máis dunha solicitude, rexeitaranse en primeiro lugar aquelas nas que actúe como promotor. Se participa en máis dun proxecto como asociada terase en conta unicamente a solicitude que entrase en primeiro lugar e poñerase de manifesto á entidade promotora das seguintes solicitudes esta circunstancia para que no prazo máximo de dez días poida presentar un cambio do seu proxecto de forma que a entidade ou agrupación resultante cumpra o requisito regulado neste parágrafo, quedando inadmitida en caso de non emendar esta deficiencia.

4. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumpriran coa súa obriga de remisión das contas xerais do último exercicio ao que estean obrigadas ao Consello de Contas.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

23/02/2024 - 22/03/2024

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As subvencións
máis actuais

24/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública
16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria