Webinario | Como empezar a utilizar PowerBI na túa peme: casos reais de aplicación

June 10, 2025

Celebramos unha sesión en liña na que descubriremos como esta ferramenta pode axudarche a visualizar mellor os teus datos, tomar decisións informadas, ou aforrar tempo en tarefas repetitivas, sen necesidade de ser experto en tecnoloxía.

A través de casos reais e exemplos sinxelos, veremos como pequenas empresas como a túa están a usar Power BI para tarefas tan cotiás como o seguimento de vendas, a xestión de stock ou o control de proxectos.

13:00 | Benvida da Oficina Económica de Galicia

13:05 | Ponencia a cargo de:

  • Adrián Rial, da empresa Inova e experto colaborador da Oficina Económica de Galicia

13:35 | Preguntas