Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  14/05/2024 - 13/06/2024
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CT104B - Axudas para intervencións arqueolóxicas en conxuntos históricos, zonas arqueolóxicas ou xacementos catalogados ou inventariados.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

A concesión de axudas, polo procedemento abreviado de concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten a un monumento, conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, en concepto de colaboración no financiamento do custo da execución do proxecto arqueolóxico realizado de acordo cos requisitos establecidos nos artigos 96 e 97 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Consellería
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Órgano responsable
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Servizo de Arqueoloxía

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546592

Fax: 981957052

Email: arqueoloxia@gmail.gal

Código do procedemento
CT104B

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas os empresarios (persoas físicas ou xurídicas) e as persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas comprendidas no ámbito da presente orde, desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, sempre que non se atopen en ningún dos supostos dos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

14/05/2024 - 13/06/2024

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As subvencións
máis actuais

24/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública
16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria