Inicio
Public grants
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPlazo cerrado:  24/02/2024 - 25/03/2024

TR353B - Subvención programas de emprego para persoas mozas.

WHAT IS THE SUBSIDY/GRANT FOR?

Conceder axudas destinadas á adopción de medidas para a mellora da empregabilidade das persoas desempregadas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Regional Ministry
Responsible body
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Where to apply

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Edificio administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Telephone number: 981547224

Email: obradoiros.emprego.santiago@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Avda Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Telephone number: 881881597/ 8881882579

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Telephone number: 982294257

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Avda da Habana, nº 79-6º

32071  Ourense  (Ourense)

Telephone number: 988386829

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Rúa Concepción Arenal, nº 8-2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Telephone number: 986817022

Procedure code
TR353B

WHO CAN APPLY?

Persoas beneficiarias participantes.

1. Poderán ser persoas beneficiarias participantes destes programas aquelas persoas mozas de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente no Sistema nacional de garantía xuvenil no momento da selección do alumnado, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 90.1.a) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

Ademais, deberán manter o cumprimento dos requisitos exixidos na Lei 18/2014, con carácter previo a participar nos programas de emprego.

2. Para poder participar neste programa é imprescindible cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación en alternancia co obxecto de estar vinculada mediante un contrato de tales características ao proxecto durante toda a duración deste, de acordo co previsto no artigo 11.2 e na disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, modificado polo Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.

3. Se a formación que se vai impartir no proxecto vai dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, garantirase que o perfil do alumnado se adecúe aos requisitos sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados.

4. No caso de que a persoa candidata participase con anterioridade noutro programa ou obradoiro dual de emprego non poderá optar á selección para recibir formación no mesmo certificado profesional, con independencia de que rematase o obradoiro anterior con resultado de apto ou non.

Beneficiarias da subvención: entidades promotoras.

1. Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos e as entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas.

Poderán concorrer agrupacións de concellos, sempre que todos eles pertenzan á mesma provincia, nos seguintes casos:

– Concellos limítrofes que conformen unha área xeograficamente continua.

– Concellos que pertenzan todos eles á mesma comarca, aínda que non sexan limítrofes entre si.

– Agrupacións de concellos que reúnan os requisitos do punto anterior aos cales se poden unir outros concellos que, non pertencendo á mesma comarca, limiten xeograficamente con algún dos concellos da agrupación que si pertencen a ela.

2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2023 superior a 500 persoas no ámbito territorial do proxecto, entendendo como tal o territorio do concello solicitante ou, se é o caso, a suma dos territorios dos concellos que concorran agrupados. No caso de solicitudes por parte dun concello que, segundo os últimos datos oficiais dispoñibles na data de publicación da convocatoria, teña un número igual ou inferior a 2.000 habitantes, a media de paro no ano 2023 deberá ser superior a 200 persoas. Aplicarase esta mesma media de paro mínima se se trata dunha agrupación de dous concellos en que ambos reúnan esa característica.

Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos da mesma provincia, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.

3. As entidades promotoras non poderán presentar máis dunha solicitude; en caso contrario, só se terá en conta a primeira solicitude realizada.

Cada concello ou entidade pública vinculada a este poderá participar unicamente nun proxecto, computando igualmente, para estes efectos, que sexa individual, colectivo, en condición de promotor ou como parte dunha agrupación. A participación dun concello ou entidade nun proxecto exclúe a posibilidade de participar noutro proxecto sendo unicamente compatible coa presentación de solicitude polas mancomunidades. Para a comprobación deste requisito acompañarase con cada solicitude de subvención unha declaración individual de cada un dos concellos implicados en que conste que, con cargo á orde de convocatoria vixente, só participa nese proxecto concreto, sexa como entidade promotora ou como asociada (anexo IV). Se aínda así se dese o caso de que un concello ou entidade vinculada concorre en máis dunha solicitude, rexeitaranse, en primeiro lugar, aquelas en que actúe como promotor. Se participa en máis dun proxecto como asociada, terase en conta, unicamente, a solicitude que entrase en primeiro lugar e poñerase de manifesto á entidade promotora das seguintes solicitudes esta circunstancia para que, no prazo máximo de dez días, poida presentar un cambio do seu proxecto de forma que a entidade ou agrupación resultante cumpra o requisito regulado neste parágrafo, quedando inadmitida en caso de non emendar esta deficiencia.

4. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas ao Consello de Contas.

WHAT IS THE DEADLINE?

Application deadline

CLOSED

24/02/2024 - 25/03/2024

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Latest
grants

24/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Facenda e Administración Pública
16/07/2024 - 16/09/2024
Consellería de Economía e Industria