Se teño unha peme, que libros de contas estou obrigado a levar?

Como empresario dunha peme, tes o deber de levar a contabilidade da empresa, que deberá verse reflectida nos libros Diario e Maior e, ao peche do exercicio, elaborar os estados financeiros (balance, conta de perdas e ganancias, memoria e estado de cambios no patrimonio neto). Como peme, estarías exento de elaborar os fluxos de tesourería.

É un problema que unha empresa teña exceso de liquidez?

Non é malo que unha empresa dispoña de moita liquidez, pero si que supón un custo de oportunidade importante non ter activos investidos no proceso de produción u noutros elementos que poidan xerar rendementos. Dispoñer de moitos fondos na caixa e bancos, e non destinalos a outros activos, é como ter moitas máquinas, pero manter […]

Que é unha garantía bancaria?

Unha garantía bancaria é un documento a través do cal un banco adquire o compromiso dun cliente en canto á obriga de facer fronte a un pago. No caso de que este a incumpra, executarase en favor do prestamista, é dicir, da entidade financeira que prestou o diñeiro. Se precisas asesoramento neste ámbito, podes poñerte […]

Que son os business angels?

Os business angels son unha nova fonte de financiamento externa cuxa achega vai máis aló da propia inversión económica. Son persoas (frecuentemente organizadas en redes) que titorizan un proxecto empresarial, co que se vinculan especialmente, e achegan diñeiro, pero tamén o seu tempo e o know-how adquirido no exercicio da súa profesión (experiencia, contactos, coñecementos […]

Como podo ampliar o capital social da miña empresa?

Unha das opcións é que os socios actuais fagan novas achegas ao captial social; xa sexa a través de investimentos en efectivo, bens materiais ou servizos. Outra das alternativas é recorrer a financiamento externo. Neste caso, falamos de préstamos bancarios, créditos de entidades financeiras, emisión de bonos, entre outros. Aínda que isto non aumentará directamente […]