Hai axudas para proxectos de innovación?
Si, existen subvencións e préstamos específicos para I+D+i, tanto a nivel autonómico, como estatal e europeo
Onde podo ver todas as subvencións dispoñibles para empresas?
Neste enlace da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, tes un listado de todos os procedementos e servizos que teñen que ver con axudas
Que diferenza hai entre unha subvención e un préstamo bonificado?
A subvención non se devolve, mentres que o préstamo ten condicións vantaxosas de xuros e prazos, pero hai que devolvelo
Que é un préstamo participativo?
É un instrumento híbrido entre capital e débeda, sen garantías e con remuneración vinculada aos beneficio.
Que axudas existen para mellorar a competitividade dunha empresa?
Existen programas públicos que cobren desde a dixitalización ata a internacionalización. A Oficina Económica axúdache
Que factores inflúen na interpretación das ratios financeiras e onde se poden atopar datos comparativos?
Aínda que ás veces se dan valores de referencia para os ratios, estes non teñen por que ser tomados sempre ao pé da letra. Existen condicionantes, como a conxuntura económica xeral e da nosa empresa, que poden xustificar resultados que, a priori, non encaixan neses valores. En xeral, débense ter en conta estes condicionantes e […]
Como chego ao Beneficio Neto da miña empresa e como incide nel o resultado financeiro e o pago de impostos?
O Beneficio Neto calcúlase tras restar ao Resultado Bruto de explotación as amortizacións contables, o resultado financeiro e o pago de impostos, os cales reducen o resultado ao final do exercicio. Non o dubides solicita o asesoramento dos nosos expertos.
De que formas de financiamento dispoño sen ter que recorrer a préstamos ou créditos?
Á parte das formas máis coñecidas de préstamos, créditos e liñas de crédito, existen outros métodos para obter financiamento para a nosa empresa. Por unha banda, están as formas de financiamento interno, é dicir, coas recursos xerados pola propia empresa. Entre estes destacan os fondos de amortización, isto é, a acumulación de capital para facer […]
Tiven un excedente de tesouraría, como podo rendibilizalo?
Se dispós dun excedente de tesouraría, podes empregalo para mellorar as contas da empresa a través de investimentos internos, como cancelar pasivo ou reducir o período medio de pago a provedores a cambio dun desconto. Se prefires investilo externamente, sempre tes opcións habituais como crear fondos de investimento ou carteiras xestionadas, ou investir en bolsa. […]
Que tipos de préstamos hai?
Hai dous tipos de préstamos: os persoais e os hipotecarios.