Rexistrar unha marca é moito máis que escoller un nome, xa que o principal obxetivo é protexer o teu negocio, a túa identidade e o valor do que estás construíndo. Para pemes, autónomos e persoas emprendedoras, facelo ben desde o inicio pode evitar problemas no futuro.
Moitas veces, por falta de coñecemento ou non asesorarse con profesionais, ocorren erros que deben evitarse se queremos protexer esa marca. Estos son os principais:
1. Non comprobar se a marca xa existe
Antes de presentar a solicitude, é fundamental realizar unha busca de dispoñibilidade. Evitarás conflitos con marcas similares xa rexistradas e posibles denegacións. Por exemplo, se unha pequena empresa de cosmética quere rexistrar “Galicia Natural”, pero xa existe unha marca similar no sector alimentario, o rexistro podería ser denegado.
2. Non definir ben os produtos ou servizos
No rexistro hai que indicar para que actividades se vai usar a marca e se esta definición non é correcta, a protección será limitada. A veces pasa que unha marca rexístrase para “roupa”, pero non inclúe “calzado”, e vendeos igual, veste caso o ámbito de zapatos non estará protexida.
3. Escoller nomes pouco distintivos
Os nomes xenéricos ou descritivos son máis difíciles de protexer. Apostar por unha marca orixinal e creativa facilitará o seu rexistro e diferenciación.
4. Presentar unha imaxe pouco clara da marca
Se rexistras un logotipo, este debe ter boa calidade e definición. Será a representación oficial da túa marca.
5. Empregar elementos demasiado comúns
Cores básicas, símbolos moi usados ou termos habituais poden dificultar a protección ao non achegar diferenciación suficiente. Por exemplo, usar un símbolo moi habitual, como unha folla verde para produtos ecolóxicos, non achega diferenciación e pode limitar a protección.
6. Non rexistrar posibles variantes
Se a túa marca ten variantes (nome, pronunciación ou deseño), pode ser recomendable protexelas para evitar usos similares por parte de terceiros.
7. Esquecer o dominio web
Se a marca vai ter presenza online, rexistrar o dominio ao mesmo tempo é clave para evitar problemas e garantir a túa identidade dixital.
8. Non valorar o ámbito territorial
É importante pensar onde vas operar, se solo é en España, na UE ou noutros mercados. A protección debe adaptarse á realidade do teu negocio xa que pode pasar que unha empresa só rexistre a marca en España e decide vender en Portugal debe ter claro que non estará protexida.
9. Non revisar ben os datos
Un erro na solicitude pode provocar atrasos ou a súa denegación, por iso, convén revisar toda a información antes de presentala.
10. Pensar que todo remata co rexistro
Unha marca require seguimiento e para iso, é importante vixiar posibles rexistros similares e defender os teus dereitos.
Un paso clave para protexer o teu negocio
Evitar estes erros non só facilita o rexistro, senón que reforza a seguridade xurídica e o posicionamento da túa marca. Para as pemes galegas, contar cunha marca ben protexida é un activo estratéxico que contribúe ao crecemento e á competitividade.
Contar con apoio personalizado, como o da Oficina Económica de Galicia, pode marcar a diferenza no éxito de implementación desta ferramenta. Solicita o asesoramento especializado gratuíto da Oficina Económica de Galicia e utiliza os recursos dispoñibles para impulsar a túa empresa.