Asesoramento

EIXE
Innovación

Apoiámoste no teu proxecto tanto tecnolóxico como non tecnolóxico, asesorándote cara a protección da innovación, en facer unha análise das necesidades, como acceder a axudas, financiamento e bonificación, identificando os axentes mais interesantes acorde ao teu proxecto.

Ámbito Diagnose

Ámbito Deducións fiscais e bonificacións na SS

Ámbito Capital-Risco

Ámbito Diagnose

O asesoramento ten nunha fase inicial a Diagnose cara a innovación tanto tecnolóxica como non tecnolóxica, cunha posta en situacións das opcións e camiños a seguir, e asesoramento xeral sobre os principais puntos a ter en conta en negocios innovadores.

Ámbito Deducións fiscais e bonificacións na SS

O asesoramento está destinado a proporcionar información sobre as bonificacións na seguridade social do persoal investigador e as deduccións fiscais dispoñibles por I+D+i a empresas, e coñecer máis en detalle as porcentaxes de dedución fiscal, así como que custos de investigación e desenvolvemento, ou de innovación tecnolóxica nos casos nos que a actividade investigadora se faga en colaboración, ou incentivos fiscais empresariais para proxectos de inversión.

Ámbito Busca de axudas e instrumentos financeiros

O asesoramento céntrase na busca de axudas para o financiamento da I+D+i, tanto nivel autonómico, como nacional ou europea (proxectos e investimentos en activos), e diferentes ferramentas e apoios como poden ser aceleradoras ou programas de investigación que fagan ter un percorrido sólido do negocio innovador. O apoio non só se centra na busca da axudas, senon tamén nun asesoramento sobre as diferenzas entre os instrumentos financeiros dispoñibles, os requisitos, os trámites e a variabilidade de éxito na solicitude.

Eloi ten varias inversións inmobles de naves nas que desenvolve o seu negocio. Na adquisición optou por hipotecas de tipo variable que agora mesmo suponlle unhas cotas moi altas, e chegou a solicitar un empréstito para ter liquidez durante o derradeiro ano, pero a situación xa non é viable e precisa renegociar cos bancos e ver alternativas.

Ámbito Capital-Risco

O asesoramento está destinado a proporcionar información sobre fondos de capital risco na innovación, e os diferentes instrumentos financeiros que dispoñen para orientados a apoiar o crecemento segun o tipo de empresa, centrando principalmente a inversión no impulso, desenvolvemento e consolidación económica da empresa innovadora.

Ámbito Identificación de axentes

O asesoramento está destinado a facilitar á empresa innovadora a identificación dos principais axentes involucrados na actividade asociada á innovación, como poden ser diferentes entidades públicos privadas ou centros investigadores, ou centros tecnolóxicos, para coñecer de primeira mas a rede na que pode apoiarse no desenvolvemento do seu proxecto ou nova idea innovadora.

Ámbito Protección da innovación

O asesoramento está destinado a identificar o material innovador que precisa protección, e orientar ás empresas no proceso de protección da innovación a través do deseño e implementación dun plan personalizado a partir da análise inicial da súa actividade, para dar apoio no seu plan de protección de I+D+i ou na protección da identidade corporativa.

Alexandra ten varias inversións inmobles de naves nas que desenvolve o seu negocio. Na adquisición optou por hipotecas de tipo variable que agora mesmo suponlle unhas cotas moi altas, e chegou a solicitar un empréstito para ter liquidez durante o derradeiro ano, pero a situación xa non é viable e precisa renegociar cos bancos e ver alternativas.

desburocratizar

MÁis de 100 persoas expertas ao teu carón
Acompañámoste e asesorámoste
en calquera ámbito da xestión empresarial