- Inicio
- Asesoramento
- Industria
Asesoramento
EIXE
INDUSTRIA
Ámbito Administración e Seguridade Industrial
O asesoramento está centrado en materia de seguridade industrial e información sobre a obtención do marcado CE de produtos preenvasados.
Ámbito Implantación Industrial de Proxectos
O asesoramento, en contacto directo co persoal técnico da Oficina Económica, enfócase nos condicionantes habituais dos proxectos industriais como poden ser o acceso a solo industrial ou a interconexión eléctrica e de auga.
O apoio tamén contribúe na redución das trabas administrativas ao orientar ás empresas nos trámites precisos para desenvolver o seu proxecto ou nova idea de negocio e que poida comezar a activalo no menor tempo posible, acompañando ás persoas promotoras nas tramitacións administrativas, así como simplificar e facilitar os devanditos trámites.
De forma transversal, teranse en conta con especial atención os proxectos de investimento superiores a 200.000€, que terán un apoio adicional na busca de espazos, axudas e acompañamento e axuda no proceso de implantación.
Noela traslada unha consulta indicando que precisa unha grande inversión para mellorar unha empresa industrial familiar. Queren transformar o proceso e a maquinaria empregada, e precisan adquirir unha nova nave mais grande, e saber os requisitos legais que debe ter e os pasos que ten que dar.
Este caso, sería un exemplo de traballo coordinado entre o persoal técnico da oficina económica na parte de apoios e cun asesoramento sobre os trámites e requisitos que precisará ter en conta dende o asesoramento.
desburocratizar
Máis de 100 persoas expertas ao teu carón
en calquera ámbito da xestión empresarial