- Inicio
- Proxectos industriais
proxectos industriais
A lexislación autonómica regula dúas figuras orientadas ao impulso dos proxectos industriais en Galicia co obxectivo de contribuír a que poidan executarse no menor tempo posible, mediante o acompañamento e asesoramento ás persoas promotoras dos investimentos durante as tramitacións administrativas que sexan necesarias, así como a simplificación e axilización das devanditas tramitacións.
Listado iniciativas aprobadas
Ata o momento, o Consello da Xunta ten declaradas as seguintes iniciativas empresariais prioritarias:
- Construción dunha nova planta produtiva en PLISAN, promovida por Hijos de Carlos Albo, S.L.U.
- Construción dun campus tecnolóxico, promovido por Aluminios Cortizo, S.A.U.
- Instalación de torre de secado e liña de butter-oil, promovida por Oviganic Ibérica, S.L.
- Construción dunha nova planta de compostaxe en Vilanova de Arousa, promovida por Sogama, S.A.
- Ampliación planta procesado e melloras tecnolóxicas en industria cárnica, promovida por Novafrigsa, S.A.
- Instalación dunha fábrica multimolde en Vilalba (Lugo), promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U.
- Construción de dúas naves de galiñas en chan, instalación dunha planta de compostaxe de galiñaza e instalación fotovoltaica en Palas de Rei, promovido por Granja Campomayor S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de elaboración de café de nova xeración, promovido por Cafés Candelas, S.L.
- Ampliación da industria conserveira en Ribeira, promovida por Ignacio González Montes, S.A.
- Desenvolvemento dunha planta de valoración de material de rechazo en As Somozas–A Coruña, promovido por Valogreene Recinor, S.L.
- Construción dun centro de investigación avanzada (e-Mobility) en Nigrán – Pontevedra, promovido por Borgwarner Emissions Systems Spain S.L.
- Construción dunha planta biotecnolóxica integral de produción de proteínas de orixe vexetal en Curtis - A Coruña, promovido por In Proteins for All, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano para inxección en rede, en esquema de economía circular a través da xestión e valoración de residuos orgánicos en Lamabranca-Lugo, promovida por Bioenergía Lugo, S.L.
- Explotación de cultivo de arandos con industria de manipulación e envasado en Teixeiro, promovido por Berries Passion S.L.
- Construción dunha planta de produción de biometano e fertilizantes no polígono industrial de Teixeiro-Curtis (A Coruña) promovido por Bioetanol Galicia S.A.
- Planta de produción de hidróxeno renovable con captura de CO2 e síntese de metanol verde, denominado Green Meiga, promovido por Iberdrola Clientes S.A.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de biogás para a obtención de biometano líquido, promovida por Agroamb Prodalt, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta ecosaludable con accesibilidade universal para a elaboración de produtos panificados de nova xeración, promovida por Hornos de Lamastelle, S.A.
- Construción dunha planta industrial "Power-to-liquid(PtL)" de produción de Hidrocarburos sintéticos en Curtis - A Coruña, denominado Proxecto Breogán, promovido por Greenalia S.A.
- Desenvolvemento dunha planta de procesamento de hidróxeno verde e o seu transportador amoníaco verde, con terminal para o seu almacenamento e expedición, denominado Proxecto Ahmon, promovido por Armonía Green Galicia, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano para inxección á rede, en esquema de economía circular a través da xestión e valorización de residuos orgánicos en A Laracha-A Coruña, promovido por Bioenergía A Coruña, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de fabricación de inxectables en Monforte de Lemos, promovido por Kern Pharma, S.L.
- Construción dunha planta de produción de pelets e planta de coxeración eléctrica baixo un modelo de Industria 4.0 en Pedrafita do Cebreiro - Lugo, promovida por Talentya Digital Global Solutions S.L.
- Construción dun centro verde de hidróxeno e amoníaco a partir de fontes de enerxías renovables en As Pontes de García Rodríguez - A Coruña, promovido por EsuH2 Mjolnir S.L. (Universal H2)
- Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno renovable con captura de CO2 e síntese de metanol verde en Caldas de Reis-Pontevedra, denominado Proxecto Green Umia, promovido por Iberdrola Clientes, S.A.
- Proxecto Triskelion para a produción de metanol verde - Mugardos (A Coruña), promovido por Forestal del Atlántico S.A
- Construción dunha planta de xeración de hidróxeno verde en Arteixo – A Coruña, denominado Proxecto Arteixo H2V, promovido por Accionaplug S.L
Listado proxectos industriais
Ata o momento, o Consello da Xunta ten declarados os seguintes proxectos industriais estratéxicos:
- O proxecto Triskelion de metanol verde de Forestal del Atlántico en Mugardos (A Coruña).
- A industria de manipulación e envasado de peixe de Stolt Sea Farm en Rianxo (A Coruña).
- A planta de fabricación de carbón vexetal promovido por Xallas Electricidad y Aleaciones SAU, no concello de Dumbría (A Coruña).
- O proxecto Galicia Green Data, dun centro de procesamento de datos no concello de Curtis (A Coruña).
- O proxecto dunha nova Central Hidroeléctrica de Bombeo en Meirama, promovido por Coventina Renovables S.L., no concello de Cerceda (A Coruña).
- O proxecto de hidróxeno verde de H2Pole nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
- A planta de pneumáticos de Sentury Tire nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
- A fábrica de fibras textiles promovida por Greenfiber S.L. en Palas de Rei (Lugo) .
- A planta de biofibra reciclada branqueada de Biofibras de Galicia S.L.U nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
- O proxecto de extracción de cobre, rehabilitación de pasivos ambientais e xeración de sinerxías económicas de Cobre San Rafael, S.L. en O Pino/Touro (A Coruña).
- O proxecto Arteixo H2V para a construción dunha planta de xeración, almacenamento e distribución de hidróxeno verde promovido por Accionaplug S.L., no concello de Arteixo (A Coruña).
- A nova planta produtiva avanzada, sostible e automatizada de Congalsa S.L., na Pobra do Caramiñal (A Coruña).
- A planta de Biometano de Norbiogás Biometano I, S.L. no Concello de Curtis (A Coruña).
- A Nova terminal de almacenamento de betume promovida por Betunes Gallegos S.L.U no porto de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
- A planta de elaboración de produtos do mar para alimentación humana promovida por Pescanova España S.L., no concello de Arteixo (A Coruña).
- A planta de fabricación de vehículos especiais todo terreo promovido por URO Vehículos Especiales SA, no concello de Valga (Pontevedra).
- A planta de produción de biometano, promovido por Lugaz Bioenerxía S.L., no concello de Lugo (Lugo).
- A ampliación da explotación de engorde de larva de mosca soldado negra, promovido por Alternative Fats and Proteins of Galicia S.L., no concello de Palas de Rei (Lugo).
- O proxecto dun complexo industrial para a produción e distribución de vehículos eléctricos e híbridos, promovido por SAIC MOTOR CORPORATION LIMITED, no concello de Ferrol (A Coruña).