Asesoramento

EIXE
enerxía

Traballamos contigo nunha diagnose xeral do negocio, facendo análises da factura enerxética, atopando novas alternativas de xestión mais renovables, e velando polo cumprimento da normativa vixente.

Ámbito Diagnose

Ámbito Factura Enerxética

Ámbito Normativa e Regulación

Ámbito Diagnose

O asesoramento ten nunha fase inicial a Diagnose dos aspectos clave a ter en conta no negocio, cunha análise de situación e valoración de alternativas idóneas a implantación de medidas de aforro, de eficiencia enerxética e de aproveitamento de fontes renovables de enerxía.

Ámbito Factura Enerxética

O asesoramento está destinado a proporcionar información sobre as bonificacións na seguridade social do persoal investigador e as deduccións fiscais dispoñibles por I+D+i a empresas, e coñecer mais en detalle as porcentaxes de dedución fiscal, así como que custos de investigación e desenvolvemento, ou de innovación tecnolóxica nos casos nos que a actividade investigadora se faga en colaboración, ou incentivos fiscais empresariais para proxectos de inversión.

Ámbito Novos Modelos Enerxéticos

O asesoramento está enfocada a realizar un apoio para atopar alternativas de desenvolvemento de proxectos enerxéticos. Está principalmente orientado a empresas de servizos enerxéticos (ESEs) e Comunidades enerxéticas ou similares ou facilitar ás empresas alternativas de xestión enerxéticas mais renovables.

Ámbito Normativa e Regulación

O asesoramento céntrase nos aspectos normativos relacionados coa enerxía, como poden ser: autoconsumo (incluíndo formas de almacenamento), comunidades enerxéticas, infraestrutura de recarga para mobilidade eléctrica ou coxeración.

Martiño realiza unha consulta porque precisa analizar a súa pegada de carbono xa que cree que dentro de pouco será obrigatorio para o seu tipo de negocio, e precisa saber posibles opcións para reducila, así como implantar posibles novas formas de xestión da enerxía da súa empresa.

desburocratizar

Máis de 100 persoas expertas ao teu carón
Acompañámoste e asesorámoste
en calquera ámbito da xestión empresarial