As principais alternativas enerxéticas sostibles para as pemes galegas

A enerxía é un dos piares da competitividade empresarial. A súa dispoñibilidade, o seu custo e a súa xestión inflúen directamente na rendibilidade das pequenas e medianas empresas. En tempos de transición ecolóxica, o reto non é só reducir gastos, senón tamén apostar por modelos máis sostibles que reforcen o compromiso ambiental e a independencia enerxética. Cada vez máis empresas galegas están a dar o paso cara a un consumo enerxético máis intelixente, explorando fontes renovables que, ademais de coidar o medio ambiente, lles permiten mellorar a eficiencia e abrir novas oportunidades de negocio. A continuación detallamos cada una delas: Enerxía solar fotovoltaica: o autoconsumo que xa é realidade A instalación de paneis solares nun tellado ou nave industrial converteuse nunha das opcións máis populares. […]