Isabel Costas | Tres Fuciños


MEDIDA APLICADA: PROMOCIÓN EN LIÑA

Isabel Costas | Tres Fuciños
En que lle axudamos?

A darlle un lavado de cara á nosa web, a dinamizar as redes sociais de Tres Fuciños e, polo tanto, a conseguir novos clientes. Grazas a este servizo incorporamos unha nova sección de produtos na nosa páxina que está dando bos resultados xa que nos permitiu conseguir 20 novos clientes en tan só un mes.

Recomendarías o servizo?

Por suposto. Estamos moi agradecidos e satisfeitos co traballo realizado, xa que a nosa liña de negocio estaba moi orientada á restauración e viuse afectada. No caso de non ter recibido este apoio, teríamos que agardar a dispoñer de liquidez para mellorar a nosa promoción en liña.