A Oficina Económica de Galicia recibe a visita dun grupo de estudantes de economía da North Arizona University

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025

A Oficina Económica de Galicia, dependente do Igape, recibiu hoxe a visita dun grupo de arredor de 20 estudantes procedentes da North Arizona University.

O encontro, que tivo lugar no marco dun programa de intercambio, serviu para coñecer de primeira man as actividades que realiza o Igape para apoiar o tecido produtivo de Galicia. Ademais, os estudantes abordaron diferentes asuntos relacionados coa economía galega, o emprego, os sectores produtivos, as exportacións ou a política de aranceis que están a desenvolver os Estados Unidos.