Ani Ulloa | Directora IWorks


MEDIDAS APLICADAS: PROMOCIÓN EN LIÑA E RECONFIGURACIÓN DA OFERTA COMERCIAL

Ani Ulloa | Directora IWorks
En que lle axudamos?

A analizar a nosa presenza na internet e, polo tanto, a tomar mellores decisións. Comprobamos se a nosa web se adaptada a tódolos dispositivos, a elixir en que redes sociais estar, a averiguar se os clientes nos están atopando facilmente. En definitiva, aprendimos que logrando unha boa visibilidade en liña, podemos aumentar o noso beneficio e atraer novos clientes.

Recomendarías o servizo?

Por suposto. Facilitáronnos unha visión externa, amosáronnos ferramentas que estamos comezando a aplicar para adaptar a nosa estratexia comercial. Fixéronnos reflexionar para comprender mellor aos posibles clientes, as súas necesidades, características e sectores. Ademais, axustamos a nosa proposta de valor á realidade da covid-19 con accións concretas e medibles.