- Inicio
- Asesoramento
- Competitividade
- Desenvolvemento de negocio
Asesoramento
EIXE
competitividade
Ámbito Negocio
Ámbito
Negocio
O asesoramento no ámbito de negocio está orientado a apoiar as empresas na adaptación do seu modelo de negocio, onde se informará e asesorará en materia de reorientación do negocio, reconfiguración da oferta comercial ou marketing e promoción en liña.
Reorientación do negocio
- Establecemento de novos acordos de colaboración comerciais, loxísticos ou operativos para a continuidade do negocio.
- Aproveitamento de capacidades e recursos internos para a fabricación de novas gamas de produtos ou a realización de novos servizos.
- Identificación de novos segmentos de clientes no novo escenario e novas formas de ingresos.
- Identificación de canles de venda e distribuidores alternativos.
Reconfiguración da oferta comercial
- Adaptación dos servizos actuais para adaptalos a un novo mercado e sistema de prezos.
- Busca de novos produtos ou servizos que se adapten ás necesidades dos clientes e permitan acceder a novas vías de ingresos.
- Cambio nas condicións de pago para facilitar o acceso aos produtos e servizos da empresa.
- Ampliación das condicións de garantía e complementarias (entregas, devolucións, etc.).
- Asesoramento e emprego de CRM para a xestión eficiente dos clientes.
Marketing e promoción en liña
- Elaboración de contido dixital para a venta ou prestación do servizo.
- Deseño e lanzamento de campañas online de promoción con condicións comerciais novas (descontos, lotes, etc.).
- Apoio na creación web e na mellora da imaxe corporativa.
- Mellora da visibilidade e posicionamento da empresa, e da propia web, enfocándoa a presentar os produtos e servizos da empresa.
- Reprogramación de contidos e campañas para a adaptación comunicativa.
- Incorporación de produtos a plataformas e-commerce e asesoramento de pasarelas de pago.
Roi detecta que a pesar de estar nas redes, e cambiar os seus procesos comerciais, non logra chegar a novos clientes. Levan facendo o mesmo produto durante anos, e aínda que teñen clientes fieis, cústalles que os novos entren. Ademais, os acordos comerciais que teñen coas distribuidoras fan que a marxe de beneficios sexa cada vez menor.
desburocratizar
MÁis de 100 persoas expertas ao teu carón
Acompañámoste e asesorámoste
en calquera ámbito da xestión empresarial
en calquera ámbito da xestión empresarial