Asesoramento

EIXE
competitividade

Ámbito Persoas

Ámbito
Persoas

O asesoramento no ámbito de persoas está orientado a apoiar a mellor xestión e a capacitación dos equipos humanos das empresas, nos que é necesario traballar na retención de equipos e motivación e fortalecemento de competencia, así como unha planificación e mellora da contorna laboral.

Retención de equipos e motivación

  1. Apoio na definición, deseño e implantación de xestión por obxectivos.
  2. Desenvolvemento do Employer Branding. Construír unha cultura do benestar organizacional cun plan de retención con salario emocional e flexible.
  3. Estudo do clima laboral. Consulta de melloras ao equipo e comunicación interna. Enquisa de clima.

Fortalecemento de competencias

  1. Xestión e fortalecemento da marca persoal profesional e o liderado.
  2. Apoio na organización de actividades de formación interna.
  3. Adaptación da organización funcional á nova estratexia do negocio.
  4. Redefinición de organigrama e definición dun cadro de mando adaptado.
  5. Definición e posta en marcha de órganos de goberno (comité de dirección, planificación, comercial…).

Mellora da xestión laboral

  1. Asesoramento laboral para axustar o cadro de persoal ás necesidades da empresa.
  2. Asesoramento para cumprimento da normativa e os requisitos legais.
  3. Revisión de procedementos internos para mellorar a eficiencia da organización e ferramentas de xestión do persoal.

Contratación e busca de talento

  1. Normativa, requisitos e tramitación para a atracción de talento do estranxeiro.
  2. Apoio na definición de postos asociados ás necesidades operativas.
  3. Información e identificación de posibles vías de contratación a través da formación dual.

Anxo ten unha empresa consolidada, e está a investir esforzos en impulsar o seu crecemento. Detecta que o seu persoal non se atopa moi motivado, e non só precisa que se formen en novas áreas, senón que ten que buscar persoal moi especializado nun ámbito concreto. Ten dúbidas sobre como afrontar a situación e opcións de contratación e formacións dispoñibles como pode ser a formación dual.

desburocratizar

MÁis de 100 persoas expertas ao teu carón
Acompañámoste e asesorámoste
en calquera ámbito da xestión empresarial