Asesoramento

EIXE
competitividade

Ámbito Startups

Ámbito
Startups

O asesoramento está destinado a orientar as fases da creación da empresa, avaliando as necesidades da startup, apoiándoa na certificación, no pacto de socios e unha análise e orientación xeral que inclúe acompasar o desenvolvemento das operacións coa busca e obtención do financiamento previsto.

Análise e orientación na creación da potencial ou recente empresa

  1. Asesoramento financeiro á empresa con accións áxiles que xeren liquidez.
  2. Desenvolvemento dunha ferramenta operativa de tesourería.
  3. Negociación con provedores e acredores e asesoramento para converter as previsións de vendas e facturación en liquidez.

Apoio na fase de alta do negocio

  1. Asesoramento e apoio na concreción dun plan de negocio.
  2. Análise da viabilidade económica, financeira e técnica do negocio.
  3. Procura de fontes de financiamento para a fase inicial de creación de negocio.
  4. Produto mínimo viable.
  5. Planificación estratéxica.
  6. Deseño e optimización de procesos.
  7. Definición dos obxectivos estratéxicos.
  8. Apoio na certificación de startups e asesoramento dos requisitos.

Breixo conta con anos de experiencia no seu sector, e quere dar o paso para emprender. Comezou a analizar as opcións e formas de negocio, pero aínda ten escasos coñecementos para facer o seu modelo de negocio e os cálculos económicos para coñecer a viabilidade de seu negocio, e os precisa para poder avanzar e acceder a financiamento.

desburocratizar

Máis de 100 persoas expertas ao teu carón
Acompañámoste e asesorámoste
en calquera ámbito da xestión empresarial