Asesoramento

EIXE
INDUSTRIA

Asesorámoste no teu proxecto industrial, facendo unha diagnose inicial, analizando todo o relativo á materia de seguridade industrial e información sobre a obtención do marcado CE de produtos preenvasados, ou analizando vías para a obtención do financiamento que precisas para o teu proxecto.

Ámbito Administración e Seguridade Industrial

O asesoramento está centrado en materia de seguridade industrial e información sobre a obtención do marcado CE de produtos preenvasados.

Ámbito Implantación Industrial de Proxectos

O asesoramento, en contacto directo co persoal técnico da Oficina Económica, céntrase nos condicionantes habituais dos proxectos industriais, como poden ser o acceso a solo industrial ou a interconexión eléctrica e de auga.

 

O apoio tamén contribúe á redución das trabas administrativas, ao orientar as empresas nos trámites precisos para desenvolver o seu proxecto ou nova idea de negocio e que poida comezar a activalo no menor tempo posible, así como simplificar e facilitar os devanditos trámites.

 

De forma transversal, teranse en conta con especial atención os proxectos de investimento superiores a 200 000 €, que terán un apoio adicional na busca de espazos, axudas e acompañamento e axuda no proceso de implantación.

Análise da defensa contra o cambio climático para proxecto subvencionable

Os proxectos de infraestruturas subvencionados mediante fondos estructurais deben entregar un informe que acredite a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestructura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j do RDC. Mediante este servizo recibirá apoio para redactar este informe adaptado ao seu proxecto.

Noela traslada unha consulta na que indica que precisa un grande investimento para mellorar unha empresa industrial familiar. Queren transformar o proceso e a maquinaria empregada, e precisan adquirir unha nova nave máis grande, e saber os requisitos legais que debe ter e os pasos que ten que dar.

Este caso sería un exemplo de traballo coordinado entre o persoal técnico da oficina económica na parte de apoios e cun asesoramento sobre os trámites e requisitos que precisará ter en conta dende o asesoramento.

desburocratizar

Máis de 100 persoas expertas ao teu carón
Acompañámoste e asesorámoste
en calquera ámbito da xestión empresarial