Asesoramento

EIXE
Innovación

Apoiámoste no teu proxecto tanto tecnolóxico como non tecnolóxico, asesorándote na protección da innovación, na análise das necesidades, e no acceso a axudas, financiamento e bonificación, e identificando os axentes máis interesantes acorde ao teu proxecto.

Ámbito Diagnose

Ámbito Deducións fiscais e bonificacións na SS

Ámbito Capital risco

Ámbito Diagnose

O asesoramento ten nunha fase inicial de diagnose para a innovación tanto tecnolóxica como non tecnolóxica, cunha posta en situación das opcións e camiños que se poden seguir, e asesoramento xeral sobre os principais puntos que se deben ter en conta en negocios innovadores.

Ámbito Deducións fiscais e bonificacións na SS

O asesoramento está destinado a proporcionar información sobre as bonificacións na Seguridade Social do persoal investigador e as deducións fiscais dispoñibles por I+D+i a empresas, e coñecer máis en detalle as porcentaxes de dedución fiscal, así como os custos de investigación e desenvolvemento, ou de innovación tecnolóxica nos casos nos que a actividade investigadora se faga en colaboración, ou incentivos fiscais empresariais para proxectos de investimento.

Ámbito Busca de axudas e instrumentos financeiros

O asesoramento céntrase na busca de axudas para o financiamento da I+D+i, tanto nivel autonómico, como nacional ou europeo (proxectos e investimentos en activos), e diferentes ferramentas e apoios como poden ser aceleradoras ou programas de investigación que fagan ter un percorrido sólido do negocio innovador. O apoio non só se centra na busca da axudas, senón tamén nun asesoramento sobre as diferenzas entre os instrumentos financeiros dispoñibles, os requisitos, os trámites e a variabilidade de éxito na solicitude.

Eloi ten varios investimentos inmobles de naves nas que desenvolve o seu negocio. Na adquisición optou por hipotecas de tipo variable que agora mesmo lle supoñen unhas cotas moi altas, e chegou a solicitar un empréstito para ter liquidez durante o último ano, pero a situación xa non é viable e precisa renegociar cos bancos e ver alternativas.

Ámbito Capital risco

O asesoramento está destinado a proporcionar información sobre fondos de capital risco na innovación e os diferentes instrumentos financeiros que dispoñen orientados a apoiar o crecemento segundo o tipo de empresa, centrando principalmente o investimento no impulso, o desenvolvemento e a consolidación económica da empresa innovadora.

Ámbito Identificación de axentes

O asesoramento está destinado a facilitarlle á empresa innovadora a identificación dos principais axentes involucrados na actividade asociada á innovación, como poden ser diferentes entidades públicas e privadas ou centros investigadores, ou centros tecnolóxicos, para coñecer de primeira man a rede na que pode apoiarse no desenvolvemento do seu proxecto ou nova idea innovadora.

Ámbito Protección da innovación

O asesoramento está destinado a identificar o material innovador que precisa protección e a orientar as empresas no proceso de protección da innovación a través do deseño e implementación dun plan personalizado a partir da análise inicial da súa actividade, para dar apoio no seu plan de protección de I+D+i ou na protección da identidade corporativa.

Alexandra ten varios investimentos inmobles de naves nas que desenvolve o seu negocio. Na adquisición optou por hipotecas de tipo variable que agora mesmo lle supoñen unhas cotas moi altas, e chegou a solicitar un empréstito para ter liquidez durante o último ano, pero a situación xa non é viable e precisa renegociar cos bancos e ver alternativas.

desburocratizar

MÁis de 100 persoas expertas ao teu carón
Acompañámoste e asesorámoste
en calquera ámbito da xestión empresarial