Sitúase no corazón da comarca do Ribeiro, á marxe esquerda do río Miño na provincia de Ourense.
A súa principal actividade económica é a elaboración de viño con Denominación de Orixe Ribeiro, contando con 23 adegas. Outro motor importante é o Club Náutico, sendo o centro de navegación de referencia no interior de Galicia. A Xunta aprobou o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello, que prevé a creación de solo empresarial para potenciar a actividade industrial e comercial na zona de Prado. O municipio tamén colabora coa Administración autonómica para a creación dun proxecto piloto consistente nun polígono agrario de viñedo para a recuperación de terras no Ribeiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Aceptar estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os ID únicos neste sitio. Non aceptar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións e características.