Dentro da comarca do Ribeiro e situado a 27 km de Ourense, o concello de Cenlle está comunicado pola Autoestrada das Rías Baixas, A-25, e pola estrada N-120. A súa principal actividade é a elaboración de viños con Denominación de Orixe Ribeiro e está integrado na Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vinícolas da Xunta de Galicia. Ademais, o concello conta coa primeira aldea modelo de Galicia en Osmos, unha iniciativa pioneira da Administración autonómica que ten como obxectivo poñer en producción, de xeito sustentable, as terras abandonadas de alta capacidade productiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e á reducción do risco de incendios.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Aceptar estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os ID únicos neste sitio. Non aceptar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións e características.