Con máis de 18.000 habitantes, é o segundo concello máis poboado da provincia, cabeceira da comarca de Terra de Lemos e capital da Ribeira Sacra. Conta cun parque empresarial, O Reboredo, situado nun enclave estratéxico da Galicia interior, con 365.675m² e unha vintena de empresas de diferentes sectores. As principais actividades económicas neste municipio son os servizos industriais, a construción e o transporte. Este último desenvólvese grazas á súa situación xeográfica, ás vías de comunicación e á construción dun porto seco no nordeste da cidade.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Aceptar estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os ID únicos neste sitio. Non aceptar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións e características.