Conta con tres polígonos industriais, entre eles o parque empresarial de San Cibrao das Viñas, o máis antigo de Galicia e a só 10 km da capital ourensá. Conta con 4,8 km² de superficie, onde traballan empresas dedicadas a sectores produtivos como o químico, o siderúrxico, o da alimentación e o da distribución.
Ademais do polígono de Barreiros, que aglutina máis dun centenar de empresas de sectores diversos, tamén se sitúa neste concello o Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole. É a entidade responsable de xestionar o conxunto de infraestruturas, espazos, recursos e capacidade destinados a empresas e persoas emprendedoras que utilizan como ferramenta de crecemento a innovación e o coñecemento.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Aceptar estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os ID únicos neste sitio. Non aceptar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións e características.