Cando as empresas e negocios buscan optimizar os recursos e reducir os gastos fixos, unha das medidas habituais é revisar o consumo enerxético co fin de optimizar o consumo.
O incremento dos custos da enerxía, a necesidade de reducir a pegada de carbono e a crecente competitividade do sector industrial e terciario fan necesarias solucións innovadoras que permitan simultaneamente aforrar nos custos enerxéticos e avanzar cara a un modelo máis sostible.
Neste escenario, xurden como dúas solución os sistemas de aerotermia e xeotermia que destacan como opcións eficaces para cubrir as necesidades de climatización, calefacción e produción de auga quente sanitaria con altos niveis de eficiencia e baixo impacto ambiental.
Que son a aerotermia e a xeotermia?
Ainda que son sistemas pouco coñecidos pertencen ao grupo de solucións enerxéticas que aproveitan recursos naturais renovables para xerar enerxía térmica. Ambos sistemas funcionan mediante bombas de calor que extraen calor do ambiente, do aire no caso da aerotermia e do subsolo no caso da xeotermia, e utilízano para producir calefacción, refrixeración e auga quente sanitaria, adaptándose ás necesidades específicas de cada instalación empresarial.
Aerotermia sinónimo de eficiencia a partir do aire
A aerotermia aproveita a enerxía contida no aire exterior para cubrir as necesidades térmicas dunha edificación ou instalación. Utilizando unha cantidade mínima de electricidade, este sistema é capaz de producir varias veces esa enerxía en forma de calor ou frío, o que se traduce nunha eficiencia energética notable con respecto aos sistemas convencionais de calefacción ou aire acondicionado.
Ademais de cubrir tanto calefacción como refrixeración en distintos períodos do ano, a aerotermia tamén pode xerar auga quente sanitaria, o que converte estes sistemas nunha solución versátil e integrada para empresas con necesidades térmicas continuas ou variables ao longo do ano, especialmente para naves industriais.
Xeotermia, o aproveitamento continuo do calor da terra
Pola súa banda, a xeotermia, aproveita a temperatura estable do subsolo para xerar enerxía térmica. Ao utilizar o calor acumulado baixo a superficie terrestre, este tipo de sistema ofrécelle ás empresas unha fonte de enerxía térmica constante ao longo de todo o ano, con rendimentos particularmente elevados en ambientes con condicións climáticas extremas.
Os sistemas xeotérmicos son especialmente indicados para instalacións con alta demanda enerxética, xa que a estabilidade térmica do subsolo permite un funcionamento moi eficiente e menos sensible ás variacións meteorolóxicas.
Cales son os principais beneficios?
1. Redución significativa do consumo enerxético
A eficiencia de ambos sistemas é substancialmente superior ao dos sistemas tradicionais baseados en combustibles fósiles ou electricidade convencional. Isto tradúcese en aforros enerxéticos que poden alcanzar niveles moi relevantes, reducindo tanto a factura eléctrica como a dependencia de fontes externas de enerxía.
2. Menor impacto ambiental e maior sostibilidade
Ao aproveitar recursos renovables como o aire ou o calor do subsolo, estas tecnoloxías contribúen de maneira efectiva á redución das emisións de CO₂ e outros gases de efecto invernadoiro. Este aspecto resulta especialmente relevante para as empresas que queren avanzar cara a unha xestión máis sostible e responder ás esixencias enerxéticas e ambientais actuais.
3. Versatilidade e confort térmico durante todo o ano
Unha vantaxe adicional é a capacidade destes sistemas de ofrecer calefacción no inverno, refrixeración no verán e auga quente sanitaria durante todo o ano, cun mesmo equipo. Isto facilita a xestión integral da climatización e reduce a necesidade de equipamentos separados, mellorando a eficiencia global das instalacións.
4. Compatibilidade con outras solucións enerxéticas
As solucións de aerotermia e xeotermia pódense integrar con outras tecnoloxías renovables, como sistemas solares fotovoltaicos, o que multiplica o potencial de aforro enerxético e permite avanzar cara a modelos de consumo máis autónomos e con maior porcentaxe de enerxías limpas.
Aspectos a considerar antes da implantación
A elección entre aerotermia e xeotermia depende de diversos factores como o tipo de actividade empresarial, o nivel de demanda térmica, o espazo dispoñible para a instalación e tamén o orzamento inicial do proxecto. Mentres que a aerotermia adoita implicar un investimento inicial menor e unha instalación máis sinxela, a xeotermia ofrece unha eficiencia máis estable e rendemento óptimo a longo prazo, especialmente en instalacións de gran tamaño ou con demandas elevadas de enerxía térmica.
Ademais, convén valorar non só o investimento inicial, senón tamén o tempo de amortización polo aforro enerxético que se pode alcanzar, así como as posibles subvencións e incentivos públicos dispoñibles para impulsar a implantación de sistemas enerxéticos máis sostibles.
Dar o seguinte paso é máis doado con apoio especializado. A Oficina Económica de Galicia acompáñate con asesoramento personalizado e recursos gratuítos para facer medrar a túa empresa.