Contratos de transferencia: os 8 acordos clave para levar a túa innovación ao mercado

Cando unha nova tecnoloxía abandona a fase de prototipo e empeza a percorrer o camiño cara a creación de valor económico, xorden acordos que regulan como, con quen e baixo que condicións se vai compartir ese coñecemento. A continuación, explicamos as oito modalidades contractuais máis habituais na transferencia de innovación.

1.  Acordos de participación en proxecto

A folla de ruta colaborativa, xa que estes contratos fixan as regras do xogo cando varios socios desenvolven I+D de forma conxunta. Neles defínese acción, asígnanse tarefas, prazos e métricas de desempeño para evitar duplicidades. 

As achegas de cada parte van desde o financiamento ata patentes pre-existentes, persoal ou equipamento. En canto á propiedade de resultados, defínese se o “delivery” será compartido ou individual. Tamén se limita a competencia interna para protexer o núcleo do proxecto. Normalmente inclúen unha cláusula de saída que establece que pasa se un socio se retira prematuramente (penalizacións, devolución de fondos, etc.). 

Xeralmente úsase para consorcios europeos, programas de innovación aberta ou desenvolvementos cofinanciados por empresa e universidade. 

2. Acordos de confidencialidade (NDA)

O seguro de silencio, xa que antes de revelar algoritmos, fórmulas ou estratexias, un NDA blinda a información sensible: prohibe a súa divulgación e delimita a xanela temporal da confidencialidade. Ben redactado, aforra litixios e transmite profesionalidade. 

3. Cesión de dereitos

Cando a titularidade cambia de mans e o innovador transfire a propiedade intelectual de forma definitiva, o novo titular adquire todos os dereitos de explotación a cambio dun prezo pechado ou variables. É a opción preferida cando o cedente non quere continuar vinculado ao proxecto. 

4. Licenzas

Compartir sen perder a coroa, xa que permiten explotar a tecnoloxía conservando a titularidade orixinal. 

Existe a licenza contractual, que é negociada entre partes, exclusiva ou non, con royalties por exemplo no caso de Software SaaS licenciado a fabricantes. Tamén está a licenza de pleno dereito, que é a concesión automática por lei, por exemplo en investigación públicas ou resultados de proxectos financiados con fondos estatais. E a licenza obrigatoria, neste caso imposta por autoridade para evitar abuso de posición dominante como pode ser no caso das patentes farmacéuticas en emerxencias sanitarias. 

5. Prestación de servizos de formación profesional

Do know-how á capacitación. A empresa creadora forma ao equipo do cliente no uso, mantemento ou escalado da innovación. Factúrase como servizo e adoita incluír manuais técnicos, sesións train-the-trainer e asistencia post-formación. 

6. Proxectos ou instalacións chave en man

“Aquí ten todo funcionando”. O provedor deseña, constrúe e entrega a solución final operativa. Ideal para plantas industriais, data-centers ou laboratorios onde o cliente busca un único responsable de principio a fin. 

7. Negocios conxuntos 

Innovar compartindo risco e recompensa na que dúas ou máis entidades crean unha sociedade ad hoc que combina activos, propiedade intelectual e capital humano para explotar a tecnoloxía. Claves: goberno corporativo, inxección de fondos e estratexia de saída (venda, IPO, disolución). 

8. Franquicias

Expandir a innovación en serie. Ademais da sinalética e a reputación de marca, o franquiciado recibe procesos operativos, software e formación continua. A cambio, abona un canon inicial e regalías periódicas. 

En definitiva, cada contrato é unha ferramenta con propósito propio, algunhas protexen secretos, outras reparten beneficios ou definen quen queda coa patente. Escoller a figura adecuada depende da estratexia de negocio, a aversión ao risco e a ambición de escalabilidade. Nun ecosistema onde o time-to-market é decisivo entender estas oito fórmulas permiten converter a innovación en valor sen perder o control —nin a paciencia— polo camiño. 

Se necesitas apoio especializado, animámoste a solicitar o servizo de asesoramento gratuíto da Oficina Económica de Galicia.