Cumprir coa Lei Antifraude, unha oportunidade para dixitalizar a túa empresa

A Lei Antifraude 11/2021 marca un antes e un despois nos procesos de facturación de autónomos e pemes. Esta normativa, deseñada para evitar a fraude fiscal e modernizar a xestión administrativa, establece novas esixencias nos sistemas de facturación. Entre os puntos máis importantes, destaca a prohibición dos softwares de dobre uso e a obrigatoriedade de ferramentas homologadas que aseguren a integridade da información contable.

O incumprimento pode resultar custoso, con sancións de ata 50.000 euros por programa non certificado e 10.000 euros por factura manipulada ou destruída. Ademais, métodos tradicionais como follas de cálculo ou facturas en PDF xa non serán válidos, o que fai urxente a transición a sistemas certificados.

Estas novas esixencias obrigarán a moitas empresas a mellorar a súa inversión para dixitalizarse xa que entre as novas esixencias están a de:

  • Rexistro seguro e íntegro da información contable.
  • Imposibilidade de manipulación por terceiros.
  • Envío automático de datos á Axencia Tributaria mediante o sistema VeriFactu.

Para facilitar esta transición, as pemes e autónomos contan co apoio de diferentes axudas que se poden atopar no buscador de axudas da Oficina Económica de Galicia, nos diferentes organismos da Xunta, ou como a nivel nacional  programas como o Kit Dixital, unha subvención financiada polos fondos europeos Next Generation EU que cobre a implementación de software homologado. Estas axudas permiten modernizar os sistemas de facturación sen un impacto económico significativo.

Non esperes ás sancións, solicita unha consulta cos expertos do programa e acompañarante en cada paso para que a túa empresa cumpra coa Lei Antifraude de forma sinxela e eficiente, mentres te concentras en facer medrar o teu negocio.

Se es autónomo ou dirixes unha pequena empresa, esta é a túa oportunidade para transformar o teu negocio e gañar competitividade nunha contorna dixital en constante evolución.