Despois do apagón de abril de 2025: como poden blindarse as empresas galegas a través do asesoramento enerxético

O 28 de abril de 2025, a Península Ibérica viviu un dos apagóns máis importantes dos últimos anos. Durante horas, miles de empresas e fogares en Galicia quedaron sen subministración eléctrica, o que puxo en evidencia a fraxilidade dun sistema enerxético que depende de múltiples factores complexos e dunha coordinación impecable. Este suceso non só impactou na produción e nos servizos, senón que tamén deixou unha lección clara: a resiliencia enerxética empresarial xa non é opcional, é estratéxica. 

Que ocorreu e por que nos afecta? 

O apagón produciuse por unha combinación de factores: inestabilidade de frecuencia, fallos na coordinación da xeración e do transporte, e desequilibrios na tensión da rede. Para as empresas galegas isto supuxo interrupcións na produción, perdas económicas inmediatas e riscos para a seguridade. Os expertos coinciden: as empresas que non conten cun plan integral de xestión enerxética están máis expostas a estes riscos. 

Como poden reaccionar as empresas? 

Ante este panorama, a boa noticia é que existen ferramentas e recursos que permiten ás empresas anticiparse e protexerse: 

  1. Realización dun diagnóstico enerxético personalizado: coñecer en detalle o consumo, os contratos e os patróns de uso é o primeiro paso para optimizar recursos e reducir vulnerabilidades. Contar cun asesoramento especializado neste apartado é fundamental. 
  2. Realización dun diagnóstico enerxético personalizado: coñecer en detalle o consumo, os contratos e os patróns de uso é o primeiro paso para optimizar recursos e reducir vulnerabilidades. Contar cun asesoramento especializado neste apartado é fundamental. O INEGA-Instituto Enerxético de Galicia ou o IDAE-Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía son dúas das entidades ás que se pode recorrer.  
  3. Realización dun diagnóstico enerxético personalizado: coñecer en detalle o consumo, os contratos e os patróns de uso é o primeiro paso para optimizar recursos e reducir vulnerabilidades. Contar cun asesoramento especializado neste apartado é fundamental. 

A Oficina Económica de Galicia: o teu aliado estratéxico 

A Oficina Económica de Galicia ofrece un servizo básico de asesoramento enerxético a PEMEs, axudando a: 

  • Realizar unha análise básica do consumo e dos contratos de enerxía. 
  • Identificar oportunidades de eficiencia e autoconsumo. 
  • Adaptarse á normativa de enerxías renovables e almacenamento. 

O apagón de 2025 fíxonos conscientes de que a xestión enerxética é clave para a nosa competitividade. Grazas ao asesoramento da Oficina Económica, demos os pasos necesarios para reducir custos e blindar a nosa subministración”. — Testemuño dunha empresa galega. 

Beneficios tanxibles para a túa empresa 

Contar cun plan integral de xestión enerxética pode ter numerosas vantaxes para a túa PEME: 

  • Redución de custos enerxéticos: eficiencia e optimización de contratos. 
  • Maior autonomía e resiliencia: menor dependencia dos fallos na rede. 
  • Cumprimento normativo: proxectos legais e financiables sen atrancos. 
  • Contribución á sostibilidade: integración das renovables e redución das emisións. 

Convirte os riscos en oportunidades 

O apagón do 28 de abril de 2025 deixou claro que as empresas que non se adapten ao novo panorama enerxético incorren en riscos importantes. A Oficina Económica de Galicia está preparada para converter eses riscos en oportunidades, apoiando a PEMEs e grandes empresas na toma de decisións intelixentes, seguras e sostibles. 

Contacta hoxe coa Oficina Económica de Galicia e comeza a adaptar a túa empresa para dar resposta aos desafíos enerxéticos do presente e do futuro.