Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
Un grupo duns 40 estudantes de 2º de Bacharelato do Colexio Maristas Cristo-Rei da Coruña, pertencentes á rama de Ciencias Sociais con Economía, visitaron esta semana as instalacións do Instituto Galego de Promoción Económica (Igae) para descubrir o traballo que realiza a Oficina Económica de Galicia no apoio ao tecido empresarial galego.
Durante a xornada, o alumnado puido coñecer as funcións e servizos que ofrece esta oficina, concebida como un espazo de acompañamento e asesoramento integral que facilita a posta en marcha e o crecemento de proxectos empresariais en Galicia. Os responsables do Igape explicaron que a Oficina Económica representa unha nova forma de relación entre a administración e o tecido produtivo, baseada na proximidade, a simplificación administrativa e o apoio personalizado.
Esta actividade forma parte dunha saída formativa que incluíu tamén unha visita ao Parlamento de Galicia, coa finalidade de achegar o funcionamento das institucións públicas ao alumnado e amosar o seu papel no desenvolvemento económico e social de Galicia.