papelera-de-reciclaje

Almacenamento, valorización e eliminación de residuos

moving-conveyor-transporter-modern-waste-recycling-processing-plant-separate-sorting-garbage-collection-recycling-storage-waste-further-disposal

Este catálogo recolle os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha das iniciativas empresariais que leven a cabo actividades de almacenamento, valorización ou eliminación de residuos, reguladas polo Decreto 174/2005, do 9 de xuño.

Resulta importante definir os seguintes conceptos:

Almacenamento: O depósito temporal de residuos, por tempo inferior a dous anos se o seu destino é a valorización, e un ano se é a eliminación. No caso dos residuos perigosos, a duración máxima será de seis meses; en supostos excepcionais, a autoridade competente, por causas debidamente xustificadas, poderá modificar este prazo.

Valorización: Calquera operación cuxo resultado principal sexa que o residuo sirva para unha finalidade útil ao substituír outros materiais que, doutro xeito, se terían utilizado para cumprir unha función particular ou que o residuo sexa preparado para cumprir esa función na instalación ou na economía en xeral.

Tratamento: Operacións de valorización ou eliminación, incluída a preparación anterior á valorización ou eliminación.

Trámites

Para iniciar unha actividade de posta en marcha dun establecemento dedicado ao almacenamento, valorización e eliminación de residuos é necesario presentar unha solicitude de autorización por parte da persoa promotora ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A concesión da autorización supón a inscrición de oficio no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Realizado este proceso a empresa quedará habilitada para o exercicio da actividade.

Referencias Normativas

Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Galicia.
Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.