mineria

Aproveitamento de recursos mineiros

scene-construction-site-with-equipment

Este catálogo recolle os trámites necesarios para iniciar unha actividade empresarial de aproveitamento dos recursos minerais e demais recursos xeolóxicos que teña lugar no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Exclúense da aplicación do catálogo, as seguintes actividades:

  • A exploración, investigación, explotación e almacenamento subterráneo de hidrocarburos líquidos e gasosos.
  • A extracción ocasional e de escasa importancia de recursos minerais, calquera que sexa a súa clasificación, sempre que a realice a persoa propietaria dun terreo para o seu uso exclusivo e non exixise a aplicación de ningunha técnica mineira.
  • As augas reguladas na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Calquera aproveitamento de recursos xeotérmicos de escasa importancia económica, en particular aos que se dese utilidade de calefacción, climatización doméstica ou industrial e/ou auga quente sanitaria, baseados en sistemas xeotérmicos de moi baixa entalpía, con intercambiadores en circuíto pechado, ata 200 metros de profundidade, sempre que o levase a cabo a persoa propietaria do terreo para o seu uso exclusivo e que o aproveitamento non exixise a aplicación de ningunha técnica mineira.
  • O aproveitamento lúdico das augas termais, que se rexerá polo disposto na Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

Trámites

O procedemento administrativo para solicitar un dereito mineiro iníciase coa presentación do formulario de solicitude IN307A, en aplicación do artigo 18 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia. Estamos ante un procedemento administrativo único e integrado para todos os dereitos mineiros no territorio da comunidade autónoma, con independencia do tipo de recurso e da actividade mineira desenvolvida. O procedemento integrado traslada a carga das solicitudes dos informes do administrado ao órgano substantivo, polo que lle simplifica substancialmente a tramitación administrativa á persoa promotora. Unha vez presentada a solicitude para o permiso de actividade, e logo dos oportunos requirimentos de emenda da documentación exixida pola norma, e que figura na ficha explicativa do procedemento, o órgano substantivo procederá a realizar a solicitude dos informes que se relacionan a continuación.

Referencias Normativas

Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia.
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria.