icon_artesania

Comercio de produtos artesáns

hands-making-bowl-side-view

Neste catálogo recóllense os trámites administrativos necesarios para iniciar unha actividade artesanal, distinguindo entre artesanía alimentaria e non alimentaria.

A artesanía alimentaria abrangue a actividade de elaboración, manipulación e transformación de produtos alimentarios que, cumprindo os requisitos que establece a normativa vixente, está suxeita a unhas condicións durante todo o seu proceso produtivo que, ademais de ser respectuosa co ambiente, lles garantirá ás persoas consumidoras un produto final individualizado, seguro desde o punto de vista hixiénico-sanitario, de calidade e con características diferenciais, obtido grazas ás pequenas producións controladas pola intervención persoal da artesá ou artesán.

Artesanía non alimentaria sería toda actividade económica que supoña a creación, produción, restauración ou reparación de bens de valor artístico ou popular, así como a prestación de servizos, sempre que estes se realicen ou obteñan mediante procesos en que a intervención persoal constitúe un factor predominante e o produto final sexa de factura individualizada e distinta da propiamente industrial.

Referencias Normativas

Decreto 174/2019, do 19 de decembro, polo que se regula a artesanía alimentaria.
Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía.
Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.