icon_comercio

Comercio polo miúdo e-commerce

person-setting-up-online-store-uploading-products-laptop

Neste catálogo recóllense os trámites administrativos necesarios para iniciar unha actividade económica de comercio polo miúdo, consistente na adquisición de produtos ou mercadorías e a súa venda á persoa consumidora final.

Ademais, para dar resposta á aparición de novos hábitos de compra e á dixitalización producida no sector comercial, faise referencia ás vendas a distancia, en especial ao comercio electrónico, tendo en conta que moitos negocios actuais chegan aos seus clientes e clientas por canles físicas e dixitais.

Trámites

Esta actividade está liberalizada, polo que non precisa comunicación previa nin autorización para poder levar a cabo a actividade empresarial, o cal non exime do cumprimento doutros aspectos relacionados co marco normativo e sectorial de referencia. Mención especial merecen as tendas alimentarias, que deben contar coa xustificación de ter recibido formación en hixiene alimentaria relacionada co tipo de actividade a desenvolver e inscribirse nos rexistros correspondentes.

Referencias Normativas

Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos.
Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro galego sanitario de empresas e establecementos alimentarios.